Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo horario de inverno para as visitas ao Museo Etnolúdico de Galicia

Na Biblioteca e no Centro de Cultural de Ponteceso tamén haberá modificacións con respecto aos meses de verán

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, iniciou xa o seu camiño de visitas libres e guiadas da Tempada de Inverno (do 15 de setembro ao 15 de xuño), dende este mércores 16 de setembro, con algunhas modificacións con respecto ao horario que se mantivo durante o verán. Polas mañás, estará aberto de 10.00 a 14.00 horas, de luns a domingos. Polas tardes, permanecerá pechado.

Os sábados, domingos e festivos será obrigatorio, tanto para visitas guiadas como por libre, solicitar cita previa con 15 días de antelación. No caso das visitas guiadas, durante os días mencionados, deberán conformar un grupo como mínimo de 20 persoas. De non chegar a esta cifra, poderán apuntarse nunha lista de espera ata chegar ao límite establecido. Ademais, o último pase ao museo para as visitas, será unha hora antes do peche do mesmo, é dicir ás 13.00 h.

BIBLIOTECA E CENTRO CULTURAL. Durante os meses de inverno, a biblioteca, o centro cultural tamén cambian o seu horario. Estas instalacións pasarán a estar abertas de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, os martes e os xoves prestará servizos de tarde, de 16.30 a 20.00 horas. Do 21 ao 25 de setembro non se realizarán préstamos por motivos técnicos.

18 sep 2020 / 09:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.