Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo intento fallido para consensuar o Plan Único en Ponteceso

Populares e os ex edís do PSOE condicionan a súa alternativa a que o alcalde dimita primeiro

Ponteceso. A comisión informativa celebrada onte en Ponteceso para tentar consensuar un Plan Único, logo de ser rexeitada dúas veces en pleno a proposta do goberno (PSOE), acabou sendo unha repetición do vivido ata agora, a pesares de que o PP anunciara que tiña unha alternativa consensuada cos 5 exconcelleiros socialistas.

Non obstante, condicionan a mesma a que, previamente, o alcalde anuncie a súa dimisión. O rexedor, Lois García, en ton irónico, afirma que “menos mal que só piden a dimisión, e non o exilio”.

Acusa a PP e aos seus excompañeiros de goberno, agora non adscritos, de buscar “só que Ponteceso se quede sen o POS, o Plan Social e que os dezaséis traballadores do Plan de Emprego vaian para a casa, e eles tan contentos”. Sinala que na comisión limitáronse a “botar pestes e manter un ton faltón e destrutivo, a pesares de anunciar que tiñan unha alternativa para a que nós íamos facilitar a súa aprobación”. García ve agora, máis que nunca, “que imos quedar sen o plan”.

Pola súa banda, o portavoz do PP, Daniel García, asegura que “a nosa postura é clara e está consensuada cos exsocialistas”. Pregúntase “cal é o motivo polo que o alcalde se agarra ao sillón a pesares de estar totalmente bloqueado” e di que esa pregunta “é a que se fai tamén o pobo, pois a xente empeza a pensar mal”.

O vindeiro mércores, día 3, ás 20.00 horas, celebrarase un novo pleno. Pode ser a última oportunidade para salvar o plan provincial se antes non acadan un acordo. M. L.

26 feb 2021 / 19:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.