Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo itinerario peonil e ciclista en Nantón para facilitar a plena mobilidade

Construirase na marxe dereita da AC-552 e terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros

Cabana. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 18.000 euros o contrato para a redacción do proxecto de construción dun itinerario para peóns e ciclistas na estrada AC-552, ao seu paso pola parroquia de Nantón (Cabana de Bergantiños).

O contrato, adxudicado á consultora N-Cubed Ingeniería, Innovación, Investigación S.L., permitirá definir as actuacións necesarias para habilitar unha senda mixta, de uso peonil e ciclista non deportivo, pola marxe dereita da estrada, entre os puntos quilométricos 49+650 e 51+150. O obxectivo é habilitar un itinerario de 1,5 quilómetros de lonxitude, 2 metros de ancho e pavimento de formigón en cor, que permitirá unha mobilidade máis sostible e saudable ós veciños que viven nos núcleos próximos.

A intervención beneficiará de xeito directo ós usuarios do centro integral para persoas con diversidade funcional da Asociación Íntegro. Coa nova senda, poderán acceder de modo seguro ao centro de saúde, á parada de autobús, á farmacia, ó campo de fútbol e a outros comercios e equipamentos da zona.

No desenvolvemento do proxecto avaliarase tamén a necesidade de proceder á expropiación dos terreos necesarios para a súa execución.

Dende o departamento que dirixe a conselleira Ethel Vázquez aseguran que continúan co seu firme compromiso “de mellora da rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis seguro e tamén máis sustentable”. M. RAMOS

30 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.