Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novos espazos máis seguros para os peóns en Carballo

Carballo. A Concellaría de Mobilidade empezou a materializar o proxecto de urbanismo táctico no ámbito do CEIP Bergantiños, aplicando unha fórmula de transformación urbana que, mediante a utilización de elementos de mobiliario e pintura, basicamente, permite mudar o espazo urbano. Con este sistema, se a actuación realizada funciona pode facerse permanente, mentres que se é preciso realizar cambios permite axustar o proxecto dun xeito sinxelo e económico.

A primeira intervención realizouse na zona do IES Isidro Parga Pondal, na que, a proposta do centro, levouse a cabo unha reordenación dos aparcamentos e delimitouse unha senda peonil dende a ponte ata o instituto, pola marxe dereita da rúa.

Na contorna do CEIP Bergantiños, xa dende principios de curso, atendendo as demandas do propio colexio, a rúa Ramón Cabanillas está pechada ao tráfico durante as horas de entrada e saída, o que contribuíu a reducir o tráfico rodado e á conseguinte mellora da seguridade. Esa medida complementase agora co aproveitamento de novos espazos para uso peonil na zona de acceso ao colexio e na do parque infantil.

A actuación que se está a desenvolver coincide coa Semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria, que se celebra do 17 ao 23 de maio, e que este ano ten como lema Rúas para a vida, reivindicando a limitación das velocidades a 30 e 20 quilómetros por hora. M. L.

19 may 2021 / 18:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.