Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novos sorteos do CCA e Hostalería para canxear en comercios carballeses

CARBALLO. Na última xornada do ano, o 31 de decembro, leváronse a cabo dous novos sorteos, de cincocentos euros cadanseu, correspondentes á campaña comercial de Nadal que desenvolven conxuntamente o CCA carballés e a Asociación de Hostalería, cuxo sorteo foi patrocinado por Vázquez y Reino. Nesta ocasión, resultaron gañadores Eduardo Pérez Fernández e José Suárez Fernández, de Lema e Carballo respectivamente, quenes recibiron os premios de mans dun representante da construtora. Aínda que estes son os últimos galardóns do 2020, dende os citados colectivos indicaron que aínda quedan pendentes de sortear cinco premios de cincuenta euros cadanseu, entre as papeletas despachadas pola hostalería participante na campaña, e tamén o gran premio de trescentos euros mensuais durante todo o 2021. Asemade, dende o CCA de Carballo recordan que o prazo para consumir os premios entregados polo momento rematará o vindeiro sábado 9 de xaneiro. Cómpre lembrar que as iniciativas postas en marcha tratan de apoiar ao comercio e á hostalería, un dos sectores máis prexudicados pola pandemia derivada da COVID. Nesta campaña, na que participan 120 establecementos, repartiranse 65.000 € en premios. m. t.

04 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.