Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG demanda a gratuidade da AG-55 mentres persista a escalada de prezos

Solicitaron tamén no Parlamento de Galicia que se estude o rescate das concesión das dúas autoestradas de titularidade autonómica

O BNG vén de presentar no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei na que insta á Xunta a establecer a gratuidade das dúas autovías galegas de peaxe, a AG-57 e a AG-55 (A Coruña-Carballo), de maneira temporal, en tanto persista o actual contexto de suba de prezos. Aseguran que “a discriminación histórica que veñen sufrindo os habitantes e as empresas das áreas Vigo-Val Miñor e A Coruña-Bergantiños vese agravada polas consecuencias do incremento dos prezos dos carburantes, que afectan tanto ao sector do transporte coma ás persoas particulares, e que, sumadas ás elevadas peaxes que xa teñen que soportar, constitúen unha pesada carga que é preciso aliviar”. Propoñen que, unha vez se estabilicen os prezos, por parte da Xunta se apliquen descontos para todo tipo de vehículos “de cando menos o 50% nas viaxes de volta”

Dende o BNG de Bergantiños afirman que no se pode esquecer “que a nosa comarca sufre un agravio e unha forte discriminación con respecto a outras zonas de Galiza que contan con autovías libres de peaxe (O Morrazo, O Salnés, Barbanza, Santiago-Brión), e que esta situación provoca efectos negativos na mobilidade das persoas de Carballo e do resto de Bergantiños e da Costa da Morte que teñen que desprazarse á Coruña por motivos laborais, de estudos ou sanitarios. A peaxe é un lastre para a competitividade das empresas e provoca un efecto negativo polo incremento do tráfico nas travesías urbanas da AC-552, aumentando a inseguridade viaria”. Por iso, os nacionalistas tamén demandan “que se estude o rescate das concesións das dúas autoestradas de titularidade autonómica”.

01 abr 2022 / 20:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.