Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG pide a continuidade de prácticos nos portos de Laxe, Cee e Corcubión

Os deputados do BNG Daniel Pérez e Rosana Pérez presentaron unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para instar á Xunta que deixe sen efecto o prego de prescripcións do servizo de practicaxe dos portos de Laxe, Cee, Corcubión e Sada e que se tramite un novo que garanta a continuidade do servizo nas referidas localidades.

A este respecto, piden que se corrixan “erros substanciais” como que o servizo de practicaxe estea marcado polas mareas “cando nestes catro portos a dispoñibilidade para realizar manobras é de 24 horas” e que se inclúan zonas de fondeo. Igualmente, demandan que se modifiquen as condicións económicas “para que sexan asumíbeis polo práctico que puidera coller este servizo”.

Os nacionalistas propoñen que se abra un contacto directo de Portos de Galicia co práctico actual para que as condicións recollidas nun novo prego “garantan a continuidade dun servizo básico para a seguridade marítima”.

28 jun 2022 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.