Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Carballo Interplay reafirma o compromiso co activismo nas redes

O Carballo Interplay pecha este sábado, 9 de abril, a súa novena edición cunha xornada con algúns dos nomes máis coñecidos de internet en termos de activismo, feminismo, dereitos LGBT, cultura e entretemento.

Despois de tres intensos días nos que o Festival de Contidos Dixitais tomou uns “petiscos” con Café Derby e o seu plantel de creadores de contido dixital en galego e acollíu unha gravación en directo de Gen Playz, o Carballo Interplay pon agora o foco sobre algúns dos aspectos menos positivos de Internet e sobre todo, como combatilos.

O sábado ás 11.30 horas, falarán sobre Activismo, divulgación e feminismo(s) na rede Nerea Pérez de las Heras, dramaturga, xornalista e cocreadora do podcast Saldremos mejores; Eugenia Tenenbaum, divulgadora especializada en historia da arte con perspectiva de xénero; e Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das cómicas máis recoñecidas do panorama nacional.

Ao mesmo tempo, seguindo a liña da Zona PRO desta edición, Manuel Bartual impartirá un taller de guión de podcast no que volcará todos os seus coñementos como creador dos formatos Biotopía e Santuario. Pechará a mañá do sábado a Sesión vermú de Marta Salicrú DJ Set, directora de Radio Primavera Sound.

Pola tarde, a filósofa, columnista e escritora Elizabeth Duval abrirá as portas do seu Código Fonte Audiovisual a través dos vídeos que marcaron a súa identidade en Cartas a las chicas del 2000.

A tradicional gala de entrega de premios, ás 21.00, pechará a novena edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Jorge Boquete e Oscar Cruz, de Porco Bravú, teñen preparada A Desfeita, un late night no que recibirán invitados e caras coñecidas e farán un repaso dos últimos nove anos de festival.

O acceso ás actividades do festival é gratuíto, previa retirada de entrada a través da web, e tamén poden verse en streaming a través de Youtube, Twitch ou Facebook.

08 abr 2022 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.