Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Casino 1889 de Carballo retoma as sesións do Galidoc

Catro documentais en galego serán proxectados entre o 6 e 13 de marzo // O aforo máximo permitido é do 30%

Carballo. A situación epidemiolóxica, e en consecuencia as restricións obrigaron ao Casino 1889 de Carballo a suspender durante semanas todas as actividades que tiñan programadas, así como a pospoñer as proxeccións do ciclo de documentais en galego, Galidoc. Estas últimas reanudaranse nos vindeiros días. En concreto, realizaranse os sábados 6 e 13 de marzo, ás 19.00 horas. Debido ás limitacións de horario e a que o proceso de entrada e adxudicación de lugar pode ser un pouco demorado, solicitan dende a entidade carballesa a máxima puntualidade ás persoas asistentes. As actividades serán gratuítas e a entrada realizarase por orde de chegada ata completar aforo, que, debido ás restricións, será só do 30%.

SESIÓNS

Sábado 6 de Marzo:

Baixo a dirección de Sabela Souto:Santa Baia de Montes // Sinopse: Santa Baia de Montes é unha aldea do concello de Cualedro, na provincia de Ourense. Os veciños e veciñas están fartas de recibir medios de comunicación que só queren información sobre os incendios que se repiten ano tras ano. Desta vez non foi así.

A Manola das Cañas // Sinopse: A Manola é unha muller da miña aldea que se adica a facer cañas fritidas, de aí vén o seu

alcume, a Manola das Cañas. Así a coñecen en toda a comarca de Monterrei e como non, é difícil atopar a unha persoa que non provara as súas famosas cañas.

Sábado 13 de Marzo:

Directora: Sol Mussa

Ratatouille // Sinopse: Curta etnográfica gravada no interior da cociña dun restaurante en Londres. Amosa o ambiente de traballo na hostelaría, especialmente os rasgos máis precarios e os labores máis custosos do día a día. Todos os elementos do lugar, incluído o persoal que na súa totalidade é migrante, reflexan as condicións laborais dese Londres que non se ve.

Sol Mussa e Noa Rodríguez

Work in progress (curta realizada como resposta á proposta do Galidoc 2021). // Sinopse: O proceso de gravar un documental de Londres en pleno confinamento. O xermolo dun retrato de catro estudiantes nun barrio residencial da cidade, nos últimos meses do 2020.

01 mar 2021 / 13:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.