Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Casino1889 celebra a terceira edición do festival Contra-Letras

As actividades extenderanse durante a fin de semana // A organización anima a participar no certame de micro-relatos

Carballo. Este venres arrinca finalmente, a 3ª edición do festival Contra-Letras no Casino1889 de Carballo. Como en anteriores ocasións, propóñense unha serie de actividades no que o elemento clave é o galego.

Trátase dun programa moi completo que dará comezo hoxe ás 19.00 horas co Assalto Poético, con Andrea e Marcela Porto Mato (A banda da Loba) e Alba Cid.

A programación continuará o sábado:

- 12:30 h. O galego nas letras, con Iria Taibo e Raquel Senra.

- 17.00 h. A poeta antes da moda, con Pilar Carro e Marisa Guerra.

- 19.00 h. Olhadas, a presentación de Cómplices, con Iria Vázquez Silva, Lola Ferreiro Díaz e Olalla Villaronga Seoane.

Dende a xerencia do Casino1889 animan á xente a participar na Maratona de Micro-Relatos do domingo que dará comezo ás 12.00 horas. Trátase dun certame de micro-relatos, que se realizará en tempo real. Seguindo as instrucións do xurado, os participantes escribirán in situ os micro-relatos, que serán avaliados alí mesmo polo xurado. Pasarán á seguinte fase os cinco mellor valorados As persoas autoras deses, de novo, terán que escribir outro micro-relato, seguindo as instrucións do xurado. Nesa fase, serán tres os seleccionados, a fin de que, na última, se poida establecer, xa simplemente, a orde dos premios.

18 jun 2021 / 10:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.