Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
15:18
h

O Concello carballés facilita un espazo de recollida de material para a elaboración de composteiros

Está instalado a carón do Punto Limpo, no polígono industrial de Bértoa // Entregaranse 150 composteiros individuais máis polas parroquias

Carballo. O Concello de Carballo vén de acondicionar xunto ao Punto Limpo, no polígono industrial de Bértoa, un punto de acopio de material estruturante ao que poden acudir, libremente, as persoas usuarias do programa municipal de compostaxe doméstica. Con esta iniciativa trátase de facilitar o labor da compostaxe a familias que carecen de recursos na súa parcela para realizar o aporte de materia seca que precisa o composteiro.

Así mesmo, está en marcha unha nova campaña de reparto de composteiros individuais. Serán un total de 150, que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias do concello carballés. Para participar precísase dispoñer dunha parcela de mínimo 50 metros cadrados. As persoas interesadas só teñen que presentar unha solicitude no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no Rexistro Telemático, ao que se accede dende a páxina web www.carballo.gal.

14 dic 2020 / 13:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.