Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello da Laracha merca un vehículo pickup e un equipo de alta presión con cisterna

Está xa a diposición da agrupación de Protección Civil

O Concello da Laracha vén de renovar os seus equipos de emerxencias coa incorporación dun vehículo 4x4 tipo pickup e dun equipo de alta presión con cisterna.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recibiron este venres na Praza do Concello ambos equipamentos que xa están a disposición tanto do persoal municipal de emerxencias como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do espazo natural, incluídas posibles intervencións de urxencia para previr, extinguir e xestionar situacións de risco ou sinistros.

A adquisición do vehículo e da motobomba supuxeron un investimento próximo aos 34.000 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través das liñas de axudas ás entidades locais do Fondo de Compensación Ambiental.

20 nov 2020 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.