Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello larachés reparte 1.390 euros no concurso de disfraces “Entroido na casa”

Establecéronse dúas modalidades de premios, unha con xurado e otra con votacións no Facebook

A Laracha. Co obxectivo de animar á veciñanza a celebrar este Entroido tan atípico, o Concello larachés puxo en marcha un concurso de disfraces para animar á veciñanza a celebrar esta festa dende o seu domicilio. A participación na iniciativa “Entroido na casa” concluíu hoxe ás 12.00 horas. Calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha podía presentarse a unha das categorías establecidas (individual infantil, individual adulto e familiar).

No certame a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha recibíronse preto de 15.000 votos entre todos os participantes. Ademais, na outra modalidade do concurso, o xurado valorou aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal. En total repartíronse 1.390 euros.

A vindeira semana o Concello poñerase en contacto con todos os premiados, que foron os seguintes:

CONCURSO DE FACEBOOK

Categoría individual infantil:

1. O Barredor (955 gústames): 75 euros.

2. Mani Granjero (692 gústames): 60 euros.

3. Confinamento Pirata (522 gústames): 50 euros.

Categoría individual adulto:

1. A Sombreireira Loca (495 gústames): 75 euros.

2. Payasa (445 gústames): 60 euros.

3. Niña del exorcista (421 gústames): 50 euros.

Categoría Familiar:

1. Pastores cos seus animais (1.411 gústames): 150 euros.

2. Miña nai non me fai caso (1.376 gústames): 100 euros.

3. Vikingas al poder (556 gústames): 75 euros.

CONCURSO CON XURADO

Categoría individual infantil:

1. A Cepa Brasileña do Covid: 75 euros.

2. Martín S.L.: 60 euros.

3. Mini Granjero: 50 euros.

Categoría individual adulto:

1. O Paiaso Jrande: 75 euros.

2. A Sombreireira Loca: 60 euros.

3. Popcorn: 50 euros.

Categoría Familiar:

1. Carnaval 2021 en Punta Cama: 150 euros.

2. Ti de Ke Baskf: 100 euros.

3. Almaques: 75 euros.

19 feb 2021 / 18:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.