Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O concurso de marcapáxinas na Laracha xa ten gañadores

Este venres entregaranse os agasallos correspondentes // Os traballos que obtiveron os primeiros premios serán editados e distribuídos na rede de bibliotecas municipais

A Laracha. Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello larachés organizara un concurso de marcapáxinas para os rapaces do municipio con idades comprendidas entre os seis e doce anos. O xurado xa valorou todos os traballos presentados e asignou os premiados.

Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:

1º premio: Sofía Queijo Rey por “Ler fai voar”.

2º premio: Eric Santalla Méndez por “O libro da infancia”.

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:

1º premio: Sabela López Bugallo por “Noite de contos”.

2º premio: Sabela Fermoso Piccardi por “O meu fantástico libro”.

Os catro galardoados recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico. A entrega farase este venres a partir das 19:30 horas nun acto que se desenvolverá no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

A maiores, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

18 may 2021 / 16:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.