Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Conservatorio carballés retoma a actividade presencial o vindeiro luns 22 de febreiro

As clases de vento e canto seguirán sendo telemáticas

Carballo. Galicia segue no nivel máximo de restricións, mentras se prepara para unha apertura gradual na que o comité clínico avanzará o próximo luns. Como consecuencia da evolución favorable da situación epidemiolóxica da COVID, esta semana entran en vigor unha serie de medidas de desescalada. Unha delas consiste en retomar a actividade nos centros de formación como as escolas de idiomas e os conservatorios de música. Deste xeito, a partir do vindeiro luns 22 de febreiro recupéranse as clases presenciais no Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballo, agás para o alumnado das especialidades de vento e canto. Isto supón que as materias de coro, educación vogal e auditiva, saxofón, frauta traveseira, oboe, clarinete, trompa, trompeta, trombón e bombardino, así como as clases colectivas de conxunto, banda e música de cámara que afecten a ditas especialidades seguirán sendo telemáticas ata novo aviso. Os profesores que imparten ditas materias poñeránse en contacto cos seus alumnos e alumnas para procurar a compatibilidade do ensino telemático coa asistencia do alumnado a aquelas actividades que xa se estean a impartir de xeito presencial.

17 feb 2021 / 17:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.