Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O contacontos A Familia Papaventos pecha o programa larachés do Mes do Libro

O espectáculo será mañá as 18.00 horas, no centro sociocultural de Paiosaco

A Laracha. O programa do Mes do Libro finaliza mañá co espectáculo infantil A Familia Papaventos, un contacontos sobre a amizade no que as historias se acompañan coa voz e a guitarra de Charo Pita interpretando cancións do seu libro-disco No país do vento. O espectáculo terá lugar ás 18.00 horas no auditorio do centro sociocultural de Paiosaco. Igual que nas anteriores sesións, a entrada é gratuíta e soamente se permitirá o acompañamento de adultos no caso de que non se complete coa cativada a capacidade máxima da sala.

O evento cultural do Mes do Libro está organizdo polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña e ten o obxectivo de fomentar a lectura e a asistencia ás bibliotecas entre os máis pequenos.

29 abr 2021 / 10:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.