Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 20 junio 2021
02:03
h

O Museo Etnolúdico de Galicia abrirá as súas portas toda a fin de semana

Poderán facerse visitas libres e guiadas de 10.00 a 14.00 horas // O aforo estará limitado a un máximo de vinte persoas debido ás medidas sanitarias

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso, abrirá as súas portas esta fin de semana para todas aquelas persoas interesadas-- en realizar visitas libres ou guiadas ao recinto museístico. Estará aberto en horario matinal desde as 10.00 ata as 14.00 horas. O último acceso será ás 13.00 horas.

Non se necesita cita previa para visitas libres, aínda que exista un aforo máximo de 20 persoas. En caso de visita guiada, é indispensable coñecer o número total de participantes e a hora prevista. É obrigatorio manter e respectar todas as medidas establecidas pola pandemia do COVID (máscaras, aireación, hidrogel, aforo, temperatura, luvas e distancia física). Para calquera información chamar aos números de contacto 981 7154 / 2/661.29.02.46 ou enviar un correo a info@museomelga.com.

14 may 2021 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.