Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pazo da Cultura carballés será reformado con fondos do remanente do 2019

Aprobouse o expediente de contratación da primeira fase das obras na Xunta de Goberno Local // No Mercado Municipal instalarase un ascensor

Carballo. Na xuntanza da Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobouse o expediente de contratación da primeira fase das obras de reforma do Pazo da Cultura, que serán financiadas con cargo ao remanente do 2019 cun orzamento de 428.600,63 euros. A maiores, informouse de que seguirá adiante a reforma do Mercado Municipal grazas ao remanente. Neste caso, está a punto de finalizar a primeira fase das obras e xa se adxudicou a segunda, que ten como principal finalidade a instalación dun ascensor, á empresa Desarrolla Obras y Servicios por 88.184,80 euros.

Outras das melloras que están en marcha son: a accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra, a seguridade no polígono industrial de Bértoa, a rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa, en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo, a ampliación do cemiterio municipal, etc.

07 jun 2021 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.