Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Carballo critica o rexeitamento do BNG á lei de áreas empresariais

Rubén Lorenzo fala de “contradicións” do alcalde, ao pedir axilidade á Xunta para ampliar o polígono de Bértoa mentres “o seu partido vota en contra” das ferramentas

O portavoz do PP de Carballo, Rubén Lorenzo, lamenta “as contradicións do alcalde”, Evencio Ferrero, “quen fai un discurso en Carballo pedindo á Xunta axilidade para poder ampliar o polígono industrial de Bértoa e, ao mesmo tempo, o seu partido vota no Parlamento autonómico en contra da nova Lei de áreas empresariais de Galicia, destinada a dinamizar o solo industrial da Comunidade”.

Lorenzo cuestiona que os nacionalistas rexeiten agora a posta en marcha das ferramentas necesarias da man da nova lei, despois de “anos de reproches do BNG de Carballo á Xunta e de urxir actuacións para poñer a disposición máis solo". Estas contradicións fan dubidar ao portavoz popular de que o goberno de Carballo "aposte de verdade por simplificar e axilizar calquer proxecto empresarial futuro no Concello”. Unha vez máis, engade, “os nacionalistas amosan as súas contradicións antepoñendo os intereses partidistas aos do propio Carballo”, afirma Rubén Lorenzo.

A nova Lei de áreas empresariais de Galicia, aprobada o martes no Parlamento galego facilita a execución, atendendo á demanda existente, e inclúe a creación de figuras como as reservas estratéxicas de solo e os plans estruturantes, que permitirán reducir de 21 a 9 meses a aprobación dun proxecto de urbanización, segundo o edil popular. Tamén permite axilizar modificacións na ordenación dos parques, e reforzar a xestión e conservación destas zonas industriais.

Rubén Lorenzo subliña que a nova norma é ademáis froito da colaboración e o consenso dos axentes implicados, coa a incorporación de moitísimas alegacións, “como o amosa o apoio dado polo PSdeG para a súa aprobación na Cámara galega, sendo o BNG o único partido en votar en contra desta pioneira lei". Este rexeitamento dos nacionalistas ten un prexuízo maior para Carballo, segundo insiste, porque a lei redóbra a aposta polos Concellos Emprendedores, entre eles Carballo, dándolle rango de lei a esta figura, "o que supón importantes beneficios no eido do emprego, o comercio local ou a industria".

“Non podemos desaproveitar a oportunidade de que empresas interesadas en instalarse en Carballo no o fagan polos atrancos impostos polo BNG”, afirma o portavoz popular no Concello. Ruben Lorenzo comprométese a seguir traballando por Carballo desde a portavocía do PP no Concello, e mesmo desde o seu escano no Parlamento galego "defendendo os intereses do municipio fronte á parálise na que leva tempo instalado o goberno nacionalista de Ferrero”.

30 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.