Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Ponteceso está disposto a forzar un pleno extraordinario para aprobar o Plan Único

Este mércores celebrase a sesión convocada polo alcalde // Insisten en que é “indispensable” que o rexedor dimita

O portavoz do Partido Popular de Ponteceso, Daniel García Cotelo, asegura que, se é necesario, forzará a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar de aprobar o Plan de Obras e Servizos de Deputación da Coruña, dotado con 758.000 euros e que non obtivo polo de agora o respaldo da corporación municipal.

Prevé que o documento que hoxe se elevará ao pleno “é o mesmo que quixo impoñer o alcalde desde o primeiro momento. Nós temos un plan que conta co respaldo da maioría da corporación, xa que os edís non adscritos están con nós, e o presentaremos para a súa execución en canto o alcalde deixe o seu cargo”, explicou García Cotelo, que confirmou que xa está presentado por rexistro municipal o documento de dimisión que ten que asinar o alcalde “polo ben dos seus veciños” e “porque aínda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido”.

García Cotelo rexeitou que os plans de Lois García Carballido pasen por destinar “uns cartos tan necesarios para Ponteceso” para gasto corrente, pois considera que “iso non é máis que unha artimaña para ter diñeiro na caixa e pagar favores”.

Insiste en que “temos toda a intención de aprobar o Plan de Obras e Servizos, e aínda temos tempo segundo dixo o presidente da Deputación aquí en Ponteceso, e para iso temos traballado ata agora e contamos co apoio da maioría da corporación. Pero é certo que chegados a este punto é condición indispensable que o alcalde dimita”, insistiu García Cotelo.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.