Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obteñen a cualificación de excelente as cinco zonas de baño do litoral carballés

Nos últimos días fíxose pública a clasificación sanitaria por parte da Xunta // Apostan dende o Concello de Carballo por un sistema de xestión ambiental buscando a sostibilidade nos areais

Carballo. As cinco zonas de baño da costa carballesa acadaron a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria final do 2020 que vén de remitir a Consellería de Sanidade ao Concello de Carballo. Estas son: Pedra do Sal, Razo (que a efectos de salvamento divídese en tres: Cabreira, Intermedia e Posto), Arnados (que inclúe tamén a Explanada), Ría de Baldaio e Saíñas.

Ademais, segundo informan dende o goberno local Carballo vén renovando ano tras ano o distintivo da Bandeira Azul para diferentes espazos, e ademais é o único concello da Costa da Morte e un dos poucos de Galicia que conta cos certificados ISO 14001, o EMAS (Certificado do Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría), que implican un compromiso coa prevención da contaminación, a mellora continua do areal, a xestión de residuos e, ademais, permiten que os usuarios e usuarias poidan presentar reclamacións.

“Dende o ano 2014 temos implantado un sistema de xestión ambiental, de cuxo seguimento se encarga un órgano xestor e que ten como principal obxectivo converter as praias carballesas nun referente paisaxístico sostible co medio ambiente. Ao mesmo tempo seguimos a traballar noutros aspectos relacionados coa protección do medio costeiro e dos seus usuarios e usuarias, coma a redución da velocidade dos vehículos nas zonas de acceso, a extensión da rede de abastecemento de auga a todo o litoral, as campañas de sensibilización ambiental que levamos a cabo coa colaboración de entidades ecoloxistas ou a implicación municipal na conservación da píllara das dunas”, afirman.

15 abr 2021 / 13:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.