Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os edís non adscritos de Ponteceso preguntan pola subvención das luminarias

Os edís non adscritos (exsocialistas) de Ponteceso seguen a criticar a xestión do rexedor, Lois García (PSOE), ao que acusan de querer “ser alcalde a toda costa, pero sen asumir as responsabilidades que o cargo conleva”. A este respecto din que o Concello “perde cartos cada día, iso si, encárgase de dicir a bombo e platillo que a culpa é da oposición, pero a realidade é ben distinta”.

Aseguran que un bo exemplo é a subvención de 2,5 millóns de euros concedida polo IDAE para renovar a iluminación pública. “Alguén escoitou algo máis do tema?”, preguntan, ao tempo que sinalan que é un proxecto “das mesmas características que o de Vimianzo e Malpica, sen embargo máis costoso e con menos puntos de luz”. Por iso pregúntanse, “onde ían a parar eses cartos?, o problema será que o alcalde non está na mesa de contratación, e enton non interesa porque non se pode manexar o proxecto dende a alcaldía?”

03 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.