Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os hostaleiros carballeses estarán exentos do pago de terrazas por segundo ano consecutivo

A taxa pola recollida de lixo verase reducida mentres haxa restricións

Carballo. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado xoves 21 de xaneiro os anuncios de aprobación inicial das modificacións de dúas ordenanzas que permitirán aliviar a situación dun sector económico tan afectado pola crise sanitaria coma é o da hostalaría.

Por unha banda, e por segundo ano consecutivo, suspéndese durante todo o ano a aplicación da ordenanza fiscal pola ocupación do espazo público con terrazas. Se algún ou algunha contribuínte tivese aboado xa as taxas correspondentes ao 2021, poderá solicitar a devolución.

A modificación da ordenanza estará exposta durante 30 días hábiles, que empezaron a contar o día 22, para que as persoas interesadas presenten as alegacións que estimen oportunas. O mesmo prazo rexe para a revisión da modificación da ordenanza que regula a taxa do lixo, neste caso non só para hostalaría, senón tamén para outro tipo de negocios turísticos, coma hospedaxes ou axencias de viaxes.

A bonificación ten carácter trimestral, e consistirá nun 12,5% da cota anual por cada trimestre no que se produzan limitacións de aforo ou de horario nos sectores afectados, e aplicarase de oficio, sen necesidade de que os establecementos incluídos nos epígrafes correspondentes (poden consultarse na documentación axunta).

25 ene 2021 / 12:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.