Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os non adscritos de Ponteceso demandan ao goberno que presente uns orzamentos

Xustifican coa falta destos o seu voto contrario á modificación de créditos e aos recoñecementos extraxudiciais debatidos no último pleno

Os concelleiros non adscritos de Ponteceso xustifican a súa negativa no pleno a apoiar a modificación de créditos e os recoñecementos extraxudiciais de facturas pendentes de pago a proveedores porque “o goberno ten que presentar uns orzamentos, pois nós non imos aprobar nada con reparos de Intervención, ou que os levante o alcalde, que é quen quere traballar sen presupostos”. Aseguran ademais que a última sesión plenaria “nada tiña que ver co pago a proveedores, salvo un extraxudicial para pagar a luz” e pregúntanse “que se esconde detrás desta posta en escena, con Miñones á cabeza”.

Respecto ao rexeitamento da eliminación do imposto de plusvalías, din que votaron en contra porque o grupo de non adscritos xa pedira hai case un ano, vía moción, “a anulación deste imposto e a rebaixa doutros, pero o alcalde non quixo nin empezar co estudo da mesma”. Tamén volveron a rexeitar a proposta do goberno local (PSOE) para executar obras con cargo ao remanente porque “non están consensuadas nin sabemos canto debe o Concello”, afirman.

Por outra banda, critican que o alcalde non admitise dúas das súas mocións presentadas por vía de urxencia e que non respostase á petición, realizada tanto en pleno como por escrito, respecto aos convenios firmados con EDP sobre o parque eólico de Corme “firmados por el e algún funcionario”. Tamén se interesaron polos motivos para que o goberno non elabore uns orzamentos para 2022, ao que o rexedor lles respondeu con ironía que, se os fai igual non os aproba o pleno. "Isto pode ser poque está en minoría”, conclúen os non adscritos.

02 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.