Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outono activo por entornos fluviais para os laracheses maiores de 55

Camiñarán a carón dos ríos Bradoso, Acheiro e o Anllóns e a inscrición, de balde, xa está aberta

A Laracha. O Concello larachés organiza o programa Outono Activo, unha nova iniciativa que inclúe andainas por entornos fluviais do termo municipal e que vai dirixida a persoas maiores de 55 anos de idade.

O propósito é ofrecer a ese colectivo a oportunidade de realizar actividade física ao aire libre e descubrir lugares e paraxes de alto valor natural, paisaxístico e patrimonial pola riqueza etnográfica dos muíños de auga que se atoparán nos roteiros.

A primeira das andainas será o xoves 20 de outubro. Trátase dun percorrido de sete quilómetros e dificultade moderada a carón do río Bradoso, con inicio e fin na escola de Cumiáns. A segunda cita será o xoves 27 de outubro con outra ruta de cinco quilómetros, tamén de dificultade moderada, polo río Acheiro, con inicio e fin no museo dos Muíños de Golmar. Nestes dous casos os participantes sairán en autobús desde a Praza Olonne sur Mer ás 10.00 horas e terán transporte de regreso.

O xoves 3 de novembro realizarase a última das rutas, con protagonismo para o río Anllóns. A saída será ás 10.00 horas desde a Praza Olonne sur Mer, punto ao que retornarán os participantes tras un percorrido de sete quilómetros e dificultade baixa.

A inscrición é gratuíta e vai dirixida en exclusiva a persoas empadroadas na Laracha. Para anotarse é preciso cubrir o formulario a través da web municipal, de xeito presencial no edificio administrativo ou chamando ao 981 612 811. M. Lavandeira

13 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.