Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Paralizada a actividade por folga na factoría de Celsa Atlantic na Laracha

A Laracha. Os traballadores e as traballadoras da fábrica de Celsa Atlantic na Laracha están secundando este luns a primeira das catro xornadas de folga convocadas para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo, cuxas conversas levan meses estancadas “pola negativa da empresa a asumir ningunha das melloras trasladadas pola parte social”, afirman. Así mesmo, queren demandar a posta en marcha dun plan de investimentos que garanta a viabilidade das instalacións e permita recuperar todas as capacidades produtivas.

A primeira xornada de folga, que comezou ás 06.00 horas e rematará ás 06.00 do martes 29, rexistrou un seguimento “do 100% do persoal (só entraron os servizos mínimos e a dirección), polo que a actividade produtiva está completamente paralizada”, segundo sinala a CIG.

A folga continuará este mércores día 30 (tamén será un paro de 24 horas), e o 3 e 10 de xullo desenvolverase das 06.00 ás 22.00 horas.

O presidente do comité, Agustín Méndez, explica que o convenio caducou en decembro de 2019, mais dende entón “foi imposíbel achegar posturas coa dirección porque, de maneira sistemática, rexeita calquera das propostas salariais ou sociais trasladadas pola representación sindical, negándose mesmo a unha suba salarial equivalente ao IPC; e iso que somos os traballadores e as traballadoras cos salarios máis baixos do grupo”, asegura. Levamos ano e medio negociando “e as posturas seguen estando moi afastadas”, denuncia Méndez, quen lembra que a planta da Laracha é a única do grupo que non conta cun convenio propio.

28 jun 2021 / 17:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.