Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pasa a titularidade municipal o menhir larachés de Erboedo

Formará parte do Parque do Megalitismo da Costa da Morte // É único nestas comarcas

O menhir de Erboedo –tamén coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho- xa é propiedade do Concello da Laracha, logo de completarse o procedemento de expropiación dos terreos nos que se sitúa o megalito e o seu entorno. En total adquiriron unha superficie de 4.651 metros cadrados -repartidos en tres parcelas catastrais e cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes- co propósito de preservar o seu valor histórico e levar a cabo as actuacións precisas para favorecer a súa conservación e acondicionar os accesos.

Este menhir será incluído no Parque do Megalitismo da Costa da Morte para poñelo en valor. Está situado nas inmediacións do núcleo de O Loureiro, e é o único exemplar deste tipo do que se ten constancia actualmente na Costa da Morte. Con dous metros de altura, debuxa unha forma característica de pedra apuntada de lados asimétricos e posúe calzos na base.

Cabe lembrar que o goberno local impulsara o Plan Especial de Patrimonio Cultural -que supuxera unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipa (PXOM)l- precisamente cos obxectivos de ofrecerlle a máxima protección a este menhir e a outros seis elementos do catálogo de patrimonio municipal: Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres- e posibilitar así tamén a súa adquisición.

MELLORAS. Por outra banda, aproveitando as vacacións, o Concello vén de acometer, a instancias da Consellería de Educación, os traballos para eliminar a cuberta que existía na zona do patio do CEIP Alfredo Brañas. Optouse pola retirada desa estrutura xa que presentaba danos, carecía de función e agora presenta espazos e accesos máis libres. Neste mesmo colexio vanse mellorar as condicións da cuberta que comunica os dous edificios.

12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.