Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Petiscos a menos de dous euros no evento Destapa A Laracha en novembro

Nesta edición sumarase á cita gastronómica a hostalaría de todas as parroquias

A Laracha. O Concello organizará en novembro a primeira edición do evento gastronómico Destapa A Laracha, no que están convidados a participar todos os locais de hostalería do termo municipal. Os obxectivos son dinamizar o sector da restauración, potenciar os produtos, fomentar a colaboración e as relacións comerciais entre o tecido empresarial larachés e desestacionalizar a oferta turística.

Ademais, con esta iniciativa dáse un paso máis con respecto aos certames celebrados noutros anos e que gardaban certa similitude con este, xa que agora a duración será de catro fins de semana e poderán formar parte do concurso establecementos das trece parroquias.

Nos próximos días as bases de Destapa A Laracha publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Ata o 25 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición para os seguintes colectivos profesionais: establecementos de hostalería; comercios laracheses nos que se poidan empregar os vales de compra que se repartirán como agasallos aos consumidores; e empresas doutros sectores que queiran colaborar.

A celebración de Destapa A Laracha será durante as catro fins de semana (de venres a domingo) do mes de novembro. Neses días e franxas horarias que o establecemento desexe (comunicándoas previamente á organización do evento) deberá ofrecer ao público ao prezo de 1,90 euros a tapa coa que se inscribiu no concurso. A elaboración é libre, podendo escoller cada local os ingredientes e modo de elaboración que estime oportunos.

Haberá dúas modalidades de premios, dotadas cada unha delas con 1.000 euros, que se outorgarán ás tapas mellor valoradas por un xurado popular e outro acreditado.. A clientela terá a súa disposición un pasaporte impreso con espazo para que cada establecemento no que consuman unha tapa poña o seu selo e para indicar a súa valoración persoal. Para que o voto sexa válido, debe conter selos de cinco establecementos diferentes de, alo menos, tres parroquias.

O xurado acreditado experto estará formado por tres profesionais do sector da hostalería e da cociña, que visitarán cada local de forma anónima e reuniranse posteriormente para decidir o gañador. Aqueles consumidores que emitan o seu voto válido e que, polo tanto, formen parte do xurado popular, entrarán no sorteo de premios, consistentes en vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local adherido á iniciativa, cofres regalo e os agasallos que cedan as empresas colaboradoras.

Destapa A Laracha tamén conta coa súa páxina web. En www.destapaalaracha.com deben inscribirse os establecementos participantes e empresas e entidades colaboradoras. Tamén se informará puntualmente sobre todas as novidades do certame.

09 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.