Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden dez anos de prisión para o acusado de abuso sexual a unha moza tras unha noite de festa en Carballo

Segundo o Ministerio Fiscal, F.A.C. penetrou á vítima vaxinalmente sendo pleno coñecedor do seu estado de embriaguez // O xuízo celebrarase mañán ás 10 horas na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña xulgará mañá as 10.00 horas un home (F.A.C.), para o que Fiscalía pide dez anos de cárcere por un delito de abuso sexual con acceso carnal a unha moza no seu piso de Carballo tras unha noite de festa.

Os feitos, segundo describe o escrito de acusación do Ministerio Público, ocorreron na madrugada do 20 de outubro do 2018.

O procesado, F.A.C., maior de idade, e sen antecedentes penais, coñeceu no establecemento “LR” de Carballo a S.M.M. quen se uniu ao grupo de xóvenes do que formaba parte o primeiro, por coñecer previamente a algún dos seus membros.

Durante o curso da noite, S.S.M consumiu abundantes bebidas alcohólicas e incluso fumou marihuana, o cal disminuiu de forma notable as súas capacidades intelectividas e volitivas. Nestas circunstancias, á primeira hora da mañá, todo o grupo decidiu ir ao piso situado na citada localidade e que o acusado compartía con outros dous amigos, donde continuaron bebendo. Nun determinado momento, estando F. y S. deitados nun dos sofás do salón, este, con ánimo de satisfacer os seus desexos, sendo pleno coñecedor do estado de embriaguez da súa víctima e aproveitándose de que se atopaba dormida, penetrouna vaxinalmente, momento no que S. despertou e intentou sacalo de encima, caendo do safá sin que sufrise feridas.

Por todos estes feitos, o Ministerio Fiscal pide para F.A.C. unha pena de 10 anos de prisión como autor dun delito de abuso sexual con acceso carnal, así como a prohibición de que se comunique ou aproxime á muller, ao seu domicilio ou a calquera lugar onde ela se atope a menos de 250 metros durante outros 10 anos a maiores. Ademais, reclama que o procesado indemnice á prexudicada con 10.000 euros en concepto de danos morais.

21 sep 2020 / 10:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.