Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Placas violeta para visibilizar as mulleres que traballaron pola igualdade

Instalaranse en trece vías urbanas da capital de Bergantiños dende hoxe ata o 8 de marzo

Carballo. As concellarías de Igualdade e Mocidade de Carballo están a desenvolver accións conxuntas co obxectivo de seguir visibilizando as desigualdades e seguir traballando, sobre todo coa poboación moza, para poñerlles fin.

Con tal fin, dende o 24 de febreiro ata o 8 de marzo, Día da Muller, levaranse a cabo unha serie de accións simbólicas coas que pretenden expresar o compromiso da sociedade e do Concello de Carballo coa loita pola consecución da igualdade.

Para destacar o labor de tantas pioneiras, as rúas dedicadas a mulleres que traballaron a prol da igualdade serán identificadas con placas de cor violeta. As primeiras colocaranse o mércores nun acto que se celebrará ás 13.00 horas, e as seguintes iranse colocando ata o 8 de marzo nas rúas Carolina Otero, Clara Campoamor, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Luísa Villalta, María Barbeito, María Casares, María Mariño, Maruja Mallo, Syra Alonso, Sofía Casanova e Xoana de Vega.

Esta acción complementarase o día 8 coa colocación doutros elementos simbólicos en distintos puntos do concello, a iluminación da casa consistorial de cor morada e unha concentración telemática na que volverán a utilizar, coma o 25 de novembro, a plataforma www.carballoenrede.com, que permitirá ver cantas persoas hai conectadas en cada momento. Así mesmo, arredor do Día da Muller porán en marcha unha campaña informativa sobre o Centro de Información á Muller. MANUEL LAVANDEIRA

23 feb 2021 / 16:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.