Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plan de valorización do núcleo rural tradicional carballés de Os Vilares

Carballo. No Concello carballés comezaron as obras de conservación e mellora de rúas do núcleo rural tradicional de Os Vilares. A actuación permitirá que este lugar se sume a outros espazos singulares coma Cances Grande, O Rodo, Vilar de Cidre ou Castrillón, nos que se levaron a cabo actuacións integrais de dotación de servizos e pavimentación do rueiro con formigón co obxectivo de revitalizalos e poñelos en valor.

No caso dos Vilares está previsto actuar en 2.600 metros lineais de vías, nas que se realizará unha limpeza completa antes de proceder á pavimentación con formigón. Serán, en total, 9.000 metros cadrados de superficie. As obras están incluídas no POS+ Adicional da Deputación e foron adxudicadas por 227.651 €.

As obras permitirán adecuar as vías ás aliñacións aprobadas no PXOM, pero tamén completar o o servizo público de abastecemento de auga ás zonas que carecen del.

Deste xeito, está previsto colocar 175 metros de tubaxes, dúas bocas de rega e dúas válvulas de comporta. A drenaxe de augas pluviais completa o proxecto, que ten un prazo de execución de cinco meses.

17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.