Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Plans de voluntariado xuvenil na Laracha

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha organizará un novo programa de voluntariado xuvenil que se vai realizar neste verán. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.

Esta iniciativa ponse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O propósito final é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios. As actividades a realizar estarán relacionadas con contidos formativos, deportivos e de sensibilización ambiental, entre outros.

O Concello realizará neste verán outro programa de similares características e que tamén vai dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade. As persoas interesadas en participar aínda poden formalizar a súa inscrición no Concello.

30 jun 2022 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.