Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Planta de transferencia con maior capacidade e eficiencia en Ponteceso

A Xunta adxudicará antes de que remate o ano as obras que permitirán transformar a actual microplanta do parque empresarial de Tella, en Ponteceso, nunha planta de transferencia con maior capacidade e eficiencia, unha actuación cun investimento previsto de 1.271.431,22 euros. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen visitou, acompañada polo presidente de Sogama, Javier Domínguez, e os alcaldes de Ponteceso, Lois García, e Laxe, José Luis Pérez, os terreos que albergarán as futuras instalacións, financiadas con cargo aos fondos Feder. Cunha superficie de 5.235 m2, dos cales 1.000 m2 reservaranse para zonas verdes, a nave ocupará unha superficie de 650 m2. Así mesmo, a planta disporá dunha capacidade máxima de 12.500 toneladas/ano e estará preparada para transferir, ademais da bolsa negra a amarela e a materia orgánica recollida de forma separada a través do quinto contedor, o de cor marrón.

Segundo explicou a conselleira, a planta de transferencia dará servizo a catro concellos (Ponteceso, Cabana, Malpica e Laxe) que aglutinan a máis de 18.000 habitantes, se ben poderá acoller a fracción orgánica doutros tres concellos máis. A nova instalación contará cun compactador fixo xa que os portátiles, ademais de ter menos capacidade, son máis propensos a avarías, menos fiables, teñen menor dispoñibilidade, e maiores custos de mantemento. Disporá tamén de sistema de translación de contedores, con capacidade para dous, propiciando que se desligue o seu funcionamento do estado do transporte, que pode sufrir atrasos por diversos motivos.

Todo isto verase complementado cun aparcadoiro de contedores e un edificio destinado a oficina, vestiario e almacén, que cubrirán as súas necesidades enerxéticas con paneis solares, fomentando deste xeito as enerxías renovables. A previsión, tal e como indicou a conselleira, é que a planta entre en funcionamento en outubro de 2022 pasando a formar parte da rede de infraestruturas promovida pola Xunta co fin de garantir a valorización dos residuos orgánicos na Comunidade mediante a súa conversión en compost, un abono de alta calidade que poderá ser aplicado na agricultura e na xardinería como fertilizante natural, substituíndo aos artificiais.

04 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.