Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso conta cunha nova cuadrilla de obras integrada por cinco operarios

Foron contratados con cargo ao PEL da Deputación a tempo ata final de ano

A Deputación da Coruña financia a contratación de cinco operarios no Concello de Ponteceso. As traballadoras e traballadores, que hoxe comezaronn a súa labor, son un operario-conductor, dous albaneis e dous operarios de servizos múltiples, que contribuirán á mellora dos servizos e infraestruturas municipais.

Ponteceso é dos primeiros concellos da provincia en asinar os contratos do PEL 2021. Os traballadores terán contrato a tempo completo ata final de ano. Os custos laborais e de Seguridade Social son asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), que este ano duplica o seu orzamento co obxecto de contribuír a paliar as consencuencias da pandemia.

Este incremento no orzamento do programa supón que Ponteceso recibe este ano 74.000 euros da Deputación para financiar as contratacións, o dobre que o ano pasado, o que permite ao municipio contratar persoal durante máis tempo. Os operarios seleccionados integrarán unha cuadrilla de obras destinada a realizar obras e traballos de reparación, mantemento, acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal coma parques e xardíns, vías públicas ou beirarrúas.

16 abr 2021 / 19:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.