Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso inaugura un xardín rosa e verde en memoria das persoas vítimas do cancro

O acto terá lugar o venres e asistirán escolares de infantil e primaria coas súas familias

O Concello de Ponteceso inaugurará o venres un xardín rosa e verde en memoria de todas as persoas que faleceron como consecuencia dun cancro, nun acto ao que asistirán escolares de infantil e primaria, xunto coas súas familias.

O referido xardín é un monumento natural que o Concello quere instalar nas zonas verdes do paseo fluvial do río Anllóns, distinguidas co premio Vilas en Flor, para homenaxear non só as persoas que faleceron, senón tamén ás que están a padecer a enfermidade e a todo o sector sanitario.

Responsables de Jardinería Arce, concesionaria do servizo de xardinería municipal, explicarán brevemente aos pequenos os coidados das plantas de exterior no inverno e o significado do rosa e azul das mesmas. Para rematar a mañá, o alumnado poderá gozar de xogos colaborativos, baile, animación e degustar un chocolate e pan recén feitos por unha panadería local.

01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.