Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso mellora a vía de servizo que da acceso ao parque empresarial de Tella

Está previsto que os traballos queden rematados antes do 5 de novembro

O Concello de Ponteceso segue traballando para mellorar as vías de servizo co fin de facilitar a mobilidade dos peóns, as bicicletas e outro tipo de vehículos non contaminantes. Unha desas actuacións desenvolvese nas parroquias de Tella e Tallo, onde están en marcha as obras da segunda fase de acceso ao parque empresarial.

O alcalde, Lois García Carballido, e as concelleiras de Asuntos Sociais e de Educación, Noelia Varela e Maite Chouciño, supervisaron este venres os traballos na compaña dos responsables da empresa López Cao.

Está previsto que as obras queden rematadas antes do 5 de novembro, “o que permitirá que a maquinaria agrícola, persoas e bicicletas poidan transitar en dirección ao polígono sen pasar pola estrada autonómica”, sinalou o rexedor. Trátase dunha actuación cofinanciada nun 80 % pola Consellería de Industria e no 20 % polo Concello de Ponteceso, e permitirá arranxar un tramo “con firme de grava irregular e cheo de buratos dende hai 15 anos”, engadiu.

Ademais desta mellora da vía de servizo entre o parque empresarial de Tella e a parroquia de Tallo, vaise facer unha beirarrúa no cruce que vai a Pardiñas, entre Canasteves e o lugar da Calle, en Tella. “Deste xeito completarase o acceso desde Ponteceso para que os peóns poidan transitar de maneira segura desde o centro urbano ata o parque”, concluíu García Carballido.

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.