Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 febrero 2023
06:10
h

Ponteceso pide máis celeridade nas solucións ás inundacións en Ponteceso

Augas de Galicia está a desenvolver os estudos na área de risco que afecta á vila

Ponteceso. O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, reuniuse coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e co equipo técnico contratado para desenvolver os traballos da área de risco potencial sobre a inundación polo desbordamento do Anllóns ao seu paso pola capital municipal.

Os traballos técnicos están moi avanzados e teñen previsto concluílos no mes de setembro cunha proposta. O alcalde puido coñecer todas as

medicións que se están facendo para baixar a lámina do río Anllóns. Trátase de amortecer as crecidas do río e tamén a subida da marea recuperando para o espazo do río, áreas que se foron ocupando con recheos e con motas.

“Desta maneira non só se conseguiría mitigar as crecidas do río durante as mareas vivas senón tamén preparar o entorno para un futuro onde se prevé o crecemento do nivel do mar”, subliña o rexedor. Con esta baixada do Anllóns prevese que os espazos onde desaugan os canais teñan máis tempo de evacuación, o cal mitigaría o risco de inundacións.

Carballido pediu que se tivera en conta a ampliación da capacidade de desaugue deses canais cando hai marea baixa e as clapetas están abertas, e que se dirixan os estudios a aumentar a capacidade de evacuación deses canais como solución definitiva para evitar os asolagamentos do centro de Ponteceso.

O rexedor trasladou o seu agradecemento polo ARSI, pero pediu celeridade na finalización do estudo e na planificación de obras debido a que existe “un gran descontento no centro de Ponteceso porque ano tras ano se seguen producindo danos nas vivendas e empresas localizadas nas inmediacións deses canais onde desaugan todos os ríos de Tella, Brantuas, A Graña e o Couto”. Para mitigar as inundación que anegan a Avenida Eduardo Pondal, “proximamente vaise adxudicar unha obra de desvío dun colector que recollerá toda a agua do campo da feira para sacala ao Xuncal da Ferradura”, engadiu.

26 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.