Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso pon a disposición da Xunta un terreo para ampliar o IES Eduardo Pondal

Ponteceso. O Concello de Ponteceso ofrece á Xunta de Galicia un terreo urbano anexo ao IES Eduardo Pondal para que poida ampliarse o instituto, logo de que este ano conquerise un novo ciclo formativo de Atención Sociosanitaria, que será o primeiro e único en Bergantiños.

A iso hai que engadirlle, segundo o alcalde, Lois García, que “o grao superior de FP Dual de Automoción vai como un tiro, con convenios con vinte e dúas empresas da bisbarra”. Agarda ademais que a Xunta potencie en Ponteceso a oferta de Formación Profesional aproveitando os fondos Next Generation.

O solar que oferta o Concello ten unha superficie de 837 m2 e acceso rodado por dúas rúas. Poderá albergar un edificio de 320 m2 en dúas plantas “e as novas instalacións poderían acoller novos talleres para Automoción, xa que o actual é moi limitado”, explica ó respecto.

Lois García sinalou ademais que o Consello Escolar Municipal retomará a súa actividade o vindeiro 2 de febreiro, a partir das 16.30 horas no salón de plenos. Na sesión estudarán todas as demandas de melloras en infraestruturas educativas que farán chegar á Xunta. REDACción

31 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.