Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso ‘rexeita’ o POS e agrándase a fractura política

Perderá máis de setecentos cincuenta mil euros // A oposición botou abaixo a proposta do PSOE

A Corporación de Ponteceso vivíu outro tenso pleno, no que a oposición, que é maioritaria, botou abaixo as propostas do plan social e de obras da Deputación que presentou o goberno que preside Lois García (PSOE, tres edís), non autorizando que se incluísen no orde do día.

O portavoz do PP, Daniel García, que acabou sendo expulsado da sesión logo de tres chamadas á orde, manifestou reiteradamente que o voto do seu grupo ía ser “non”, e pedíulle tamén ao alcalde que “colla a maleta e vaíase, esto é ingobernable”.

O seu homólogo de APIN (dous concelleiros), José Manuel Pose, tamén lle dixo ao rexedor que tiña que dimitir “e ten que facelo agora porque senón Ponteceso vai perder un millón de euros”, ao tempo que pedíu aos cinco concelleiros socialistas díscolos: “Facede o posible por un cambio”.

A concelleira Ana Pérez, excompañeira do goberno socialista, acusou ao alcalde de “vender fume” e díxolle “como imos apoiar a proposta se vostede é a persoas máis traidora que hai, e é o único responsable de que non se aproben estes plans”.

Finalmente, os concelleiros de APIN optaron pola abstención “por responsabilidade”, pero o seu portavoz coindicíu coa exconcelleira socialista en que toda a responsabilidade é do rexedor “porque non é capaz de xuntar os votos para levar esto adiante”.

O alcalde, Lois García, pedíulles e imploroulles “por favor” que, alomenos, se abstivesen, porque “están votando en contra de persoas sen ingresos e en situación de vulnerabilidade”, en alusión ás que participan no Programa de Emprego Social, ao que se propoñía adicar 100.000 € para poder darlle continuidade ata fin de ano, e aos usuarios do servizo de axuda no fogar, para os que ían dedicar 50.000 euros.

Ao decaer tamén o plan de obras, o rexedor lembroulle á oposición que “non se poderán pagar os 250.000 € que se contemplaban para abonar as facturas aos proveedores”, nin tampouco executar os diferentes proxectos propostos, “nos que recollemos as peticións das asociacións do municipio, coas que nos reunimos para que nos dixeran cales son as súas prioridades”.

García Carballido lamenta o “nivel de degradación moral” dos concelleiros que votaron en contra, “porque prefiren deixar a Ponteceso sen plan de obras e axudas sociais para erosionar ao alcalde”. Considera que é unha “irresponsabilidade que perxudica a imaxe do nos concello e que se produce nun momento no que estamos a vivir unha pandemia é a peor situación económica despois da guerra”.

Asegura que “a oposición, se pretende gobernar, xa que son maioría, o que ten que facer é presentar un plan alternativo e aprobalo, pero non rexeitar uns plans que ían xerar un investimento de un millón de euros en Ponteceso”.

05 feb 2021 / 19:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.