Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso vai celebrar en novembro o Ciclo de Teatro

Ponteceso. O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, e as concelleiras Noelia Varela e Maite Chuciño, presentaron este luns o cartel do XXIX Ciclo de Teatro en Ponteceso. O salón de actos do Edificio das Escolas acollerá ás dez e media da noite de cada sábado unha obra de teatro diferente. O ciclo comeza o día 5 de novembro co espectáculo de Laberca Teatro De algo hai que morrer. A semana seguinte tocaralle a Culturactiva SCG, que interpretará Conexión Pingüin. O sábado 19 de novembro será a quenda de Matrioshka Teatro coa súa obra Comando comadres e, por último, o día 26 pechará o ciclo A Panadaría SCG co espectáculo titulado As que limpan. O aforo para este Ciclo de Teatro é limitado e as entradas poden reservarse no departamento de Cultura, na mesma semana da obra ou unha hora antes do comenzo de cada unha das funcións que se levarán a escea. c. p.

01 nov 2022 / 00:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.