Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pontenciarán a reciclaxe dos aceites domésticos no municipio larachés

A Laracha. O Concello vén de poñer a disposición da cidadanía un total de doce colectores para o depósito de aceite doméstico, de cor laranxa e facilmente identificables, que foron instalados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha (Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico, así como na estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre), Paiosaco (campo da feira) e Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua), e tamén na urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño). A recollida destes novos colectores será a cargo de Coregal, tal e como estaba estipulado na concesión do contrato de xestión do punto limpo. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a cidadanía un modo ecolóxico de desfacerse do aceite vexetal de cociña unha vez usado, xa que é especialmente contaminante para a auga, e dificulta en gran medida o proceso de depuración polo que non debe botarse polos desaugadoiros da cociña nin polos inodoros para evitar que cheguen á rede de sumidoiros.

En próximas datas o Concello desenvolverá unha campaña informativa colocando stands en diferentes puntos do municipio nos que se explicará o modo no que debe depositarse o aceite nos colectores (dentro de botellas de plástico ben pechadas) e tamén se repartirán de xeito gratuíto funís entre a poboación larachesa, precisamente para facilitar a separación do aceite para o seu posterior tratamento.

En dita campaña o Concello contará coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Ministerio de Transición Ecolóxica a través das axudas dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA) e do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

23 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.