Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio Rodolfo Prada para o festival de contidos dixitais Carballo Interplay

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay foi galardoado co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021 xunto co Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) e o proxecto patrimoniogalego.net, que leva máis de dez anos recompilando o patrimonio da nosa comunidade e conta xa con máis de 12.000 bens inventariados.

O xurado, integrado por representantes da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, distingue o Carballo Interplay polo seu carácter pioneiro, xa que foi o primeiro festival de webseries do Estado. Ao longo das oito edicións celebradas tense consolidado como un dos festivais de contidos dixitais de referencia internacional, sempre atento ás novas linguaxes. Os seus contidos, como subliña a organización do Premio Rodolfo Prada, “van máis aló da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base”.

O acto de entrega dos Premios Rodolfo Prada está programado para o venres 15 de outubro, ás 19.00 horas, no Centro Cultural Marcos Varcarcel de Ourense dentro da programación da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense - ICC Week 2021. O Concello de Carballo estará representado no acto polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira.

14 oct 2021 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.