Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentación das axudas de vivenda en Cabana

Bergantiños. A Xunta invita ao tecido social da Costa da Morte a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos. Este luns, ás 10.30 horas, terá lugar unha sesión informativa no auditorio municipal de Cabana, no que participará persoal técnico do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para informar de máis dunha trintena de liñas de incentivos e resolver as dúbidas dos asistentes. Trátase do cuarto encontro que se celebra na provincia.

Está aberto ao público en xeral e están convocados representantes dos concellos de Cabana, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. Asemade, tamén se invitou a entidades como os colexios oficiais de arquitectos, enxeñeiros técnicos e peritos agrícolas de Pontevedra; e a empresas do sector da vivenda e da rehabilitación. M. Lavandeira

02 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.