Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentado o libro ‘Mar de Ardora’

Cabana. O centro arqueolóxico do dolmen de Dombate acolleu a presentación do libro Mar de Ardora, da fotógrafa Ana García. Ao acto sumouse o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, quen destacou o valor desta publicación porque “ninguén ata o de agora lograra o que Ana García: converter a lenda en realidade. Mar de Ardora é un tratado científico; é a demostración empírica de que a bioluminiscencia existe”.

Subliñou o esforzo realizado porque “detrás de cada foto desta publicación intúo, en primeiro lugar, un profundo amor á nosa terra e, sobre todo, ao noso mar”. Ademais, recalcou que “hai que poñer en valor a dificultade que implica ser capaz de acertar e gozar con este milagre da natureza”.

O acto de presentación foi organizado polo Clúster de Turismo de Galicia, coa colaboración da Xunta, e no mesmo participaron o presidente e o vicepresidente desta entidade, Cesáreo Pardal e Jesús Picallo, ademais dos alcaldes de Cabana, Carballo, Cee, Laxe, Muxía e Vimianzo, e o catedrático de Física e divulgador científico, o baiés Jorge Mira.

Con este libro o Clúster de Turismo pon ao alcance do público o fenómeno do mar de ardora que, segundo o seu presidente, “é un regalo máis desta Galicia máxica cunha natureza que non deixa de sorprendernos e brindarnos oportunidades para desfrutar”. Cesáreo Pardal sinalou que a obra fotográfica de Ana García “facilítanos o privilexio de visitar o mar de ardora na Costa da Morte cando queiramos” sen perder a oportunidade de velo en vivo.

19 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.