Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeira xuntanza para a preparación do 8º congreso da Rede de Cidades que Camiñan

Se as circunstancias o permiten, celebrarase en Carballo no mes de marzo do 2021 // Hoxe desprazouse ata o concello a secretaria técnica da asociación, Ana Montalbá // Neste primeiro encontro baralláronse datas, escenarios e temas e realizouse unha visita ao Fórum

Carballo. A principios de marzo celebrouse en Cádiz o último Congreso da Rede de Cidades que Camiñan. Nesa última asemblea da rede, o concello de Carballo recibiu o apoio maioritario para converterse na próxima sede do congreso anual, un recoñecemento máis ao traballo que desenvolven a prol dunha mobilidade máis sostible despois de outorgarlles o Premio Cidades que Camiñan 2018 na categoría de concellos de 20.000 a 100.000 habitantes.

O 8º congreso da Rede de Cidades que Camiñan, polo tanto, celebrarase en Carballo. Se as circunstancias o permiten, será no mes de marzo do ano 2021. Para empezar a preparalo, hoxe desprazouse ata o concello a secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, que mantivo unha primeira xuntanza de traballo co alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane; a concelleira de Planificación Urbana, Milagros Lantes, e o arquitecto municipal, Alfredo Garrote. Neste primeiro encontro baralláronse datas, escenarios e temas para o congreso, pero as propostas deberán irse concretando nos vindeiros meses en función da evolución da situación sanitaria.

Despois da xuntanza, que se celebrou na Casa do Concello, durante máis de 1 hora, os representantes municipais acompañaron a Ana Montalbán nunha visita ao Fórum Carballo para coñecer as instalacións do edificio que podería albergar o congreso e as obras de accesibilidade que veñen de rematar na súa contorna, e que mereceron una cualificación moi alta por parte da arquitecta e responsable técnica da Rede de Cidades que Camiñan.

22 sep 2020 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.