Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxectan as melloras no IES carballés Alfredo Brañas

Carballo. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou no Parlamento que o seu departamento vai encargar “con carácter inmediato a redacción do proxecto para a mellora do salón de actos do instituto IES Alfredo Brañas de Carballo”. A Xunta de Galicia prevé investir 230.000 € nesta actuación, segundo a valoración inicial da Unidade Técnica.

Os estudos técnicos apuntan á necesidade de afrontar unha obra de acondicionamento e mellora deste espazo, que implicará desmontar as butacas, a luminaria e o falso teito como paso previo ás reformas. “Estamos a falar de obras de albanelaría para instalación de apliques e luminarias para unha nova iluminación LED, modificación das instalacións de electricidade, preinstalación de nova megafonía, pintado e revestimento de paredes e actuacións sobre o teito, cunha rede de protección baixo forxado de bovedilla”, sinalou.

Estes traballos sumaranse á actuación previa de limpeza do salón de actos acometida pola Consellería a finais de decembro de 2021. A finais de febreiro, e tras varias visitas para coñecer a situación, determinouse a necesidade de realizar unha actuación de maior envergadura. “Estamos neste punto, temos una valoración técnica inicial das necesidades de acondicionamento e hai que seguir un procedemento administrativo”, dixo o representante da Xunta.

28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.