Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha creará un parque de calistenia

Situarase na contorna do IES Agra de Leborís, onde se está a construir o Skatepark

A Laracha. A Xunta de Goberno Local da Laracha adxudicará este xoves o proxecto de ordenación dos espazos na parte traseira do IES Agra de Leborís, a zona que o Concello está a converter nunha área deportiva de referencia na capital municipal.

Nos últimos anos neste lugar abriuse unha nova estrada para enlazar a Avenida Manuel Fraga coa Avenida López Astray a través da rúa Maruja Mallo, habilitouse un novo acceso para o transporte escolar do centro de ensino, foron construídas dúas pistas polideportivas descubertas e está en fase de execución o parque de patinaxe Skatepark.

Agora promóvese este novo proxecto para acondicionar e aproveitar a totalidade dos espazos restantes como resultado das obras xa acometidas nese ámbito. Levaranse a cabo tres intervencións diferenciadas.

Por unha banda, completaranse os equipamentos deportivos coa creación dun parque de calistenia que contará co equipamento preciso para poder practicar exercicios físicos que se realizan co propio peso corporal. Tamén será colocado mobiliario urbano. Outra actuación consiste na ampliación da plataforma da calzada da estrada recentemente construída para aumentar a beirarrúa e habilitar máis prazas de estacionamento de vehículos. A terceira parte do proxecto é adecuar a esquina situada pola parte posterior do polideportivo do instituto como unha ampla zona verde axardinada.

O proxecto presenta un orzamento total de 177.000 euros e será financiado integramente con fondos propios municipais.

25 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.