Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxectan unha canle no Muíño do Quinto para desaugar o río Anllóns

Forma parte do plan de prevención, protección e recuperación ante as inundacións na zona

Carballo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo dunha canle de desaugadoiro do río Anllóns, na zona de Muíño do Quinto, en Carballo.

O contrato foi adxudicado á empresa Aquática Ingeniería Civil SL por un importe de preto de 18.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de seis semanas.

A actuación forma parte do Plan Específico de Xestión do Risco de Inundación (PEGRI) da área de risco potencial de inundación na área fluvial do Anllóns. Mediante este proxecto proponse a construcción dunha canle trapezoidal de entre un e dous metros de profundidade e seis metros de ancho na súa base. O cruzamento da canle co camiño Muíño do Quinto resólvese coa construción dunha obra de drenaxe transversal mediante dous marcos de formigón.

Ademais, no proxecto construtivo, incluirase a restitución da senda peonil existente na marxe esquerda do río, propoñéndose a instalación dunha pasarela peonil de madeira que cruza sobre a canle de desaugadoiro para entroncar coa citada senda peonil, segundo informan dende Augas de Galicia. M. L.

02 nov 2020 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.