Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

PSOE e BNG da Laracha demandan a creación dun servizo de grúa municipal

Os concelleiros do PSOE e do BNG da Laracha presentaron unha moción conxunta para solicitar a creación “de maneira urxente” do servizo de grúa municipal “para poder dar solución aos problemas cos que nos atopamos a diario na nosa localidade”. Aseguran que “non se pretende que este servizo tome carácter de recadación, pero entendemos que é necesario para o noso pobo”.

Din que “son moitos os casos” que lles fixeron chegar veciños e veciñas “aos que se lles impediu saír cos seus vehículos do domicilio por atoparse obstaculizado o seu paso de garaxe e non lles puideron dar unha solución áxil”. Entenden que “isto podería converterse nun grave problema se nos atopáramos ante unha situación de emerxencia”.

Sinalan ademais que non se pode manter ocupada a Policía Local efectuando chamadas a estes “veciños insolidarios que incumpren coas normas de estacionamento agravando coas súas accións o benestar común”. A maiores subliñan que o Concello está a cobrar unha taxa de vado permanente “pero non pode garantir a prestación deste servizo por non dispor de grúa que poida retirar os vehículos que estacionan nos vados”.

Para implantar o servizo, socialistas e nacionalistas propoñen que se elabore un informe por parte da Policía Local e que se negocie un convenio de colaboración entre empresas de grúas e o Concello, “dando prioridade aos empresarios que teñamos no noso municipio”, ou que se mancomune o servizo con algún concello limítrofe que dispoña xa do mesmo. Todo elo, complementaríase cunha ordenanza municipal.

22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.