Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Querida Conchi’ e ‘Amnesia 3.0’ conquistan o Carballo Interplay

A novena edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende o mércores en Carballo e na rede, a través do streaming, pechou o telón na noite do sábado coa gala de entrega de premios ás mellores series para web, na que triunfaron a animación máis sorpredente de proxectos como Querida Conchi ou Lordson and Jesus, o humor político de The communist’s daughter e o intimismo de Dhanasri, Julies e as pantasmas.

O xurado composto por Marta Salicrú, Betu Martínez, Víctor Sala, Lucía Estévez e Ángela Andrada outorgoulle a Querida Conchi o premio a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e a Lordson and Jesus o de Mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Amnesia 3.0, serie nacida no propio Carballo Interplay a través do concurso de proxectos. O premio para Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para a canadiense The Communist’s daughter, unha comedia política ambientada durante o mandato de Ronald Reagan .

As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa a francesa Resistance. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Malva, Nee Barros e Berto Mira decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Dhanasri, Julies e as pantasmas, un retrato poético que explora a complecidade das relacións entre as mulleres.

Premio ao mellor proxecto de webserie en galego

Pola súa banda, o xurado composto por María Yañez, Nati Juncal e Xulio Abonjo decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Mentres non chova, de Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova, un thriller contado a través da pantalla dun teléfono móbil que esconde unha gran reflexión sobre o cambio climático. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.